SensorWake, o espertador olfactivo
mércores, 27 de maio do 2015
Nos últimos anos son varios os fabricantes que buscaron
innovar no xeito de espertarnos polas mañás, optando nuns casos por crear
serias molestias (como espertadores con rodas aos que hai que perseguir para
apagalos) ou buscando unha experiencia agradable simulando un amencer, e neste
última liña chega a Kickstarter un proxecto bastante rechamante, o SensorWake,
que é un reloxo espertador que pode cargarse con aromas e que busca 50.000
euros para facerse realidade.
Esta idea chega de Guillaume Rolland, un emprendedor francés de só 18 anos de
idade, que con esta idea conseguiu
destacar na Feira CientÃfica de Google de 2014 (quedando entre os 15
finalistas), e que busca facernos máis agradables as mañás permitindo que
carguemos o noso espertador con noso olor favorito, que poderÃa ser o café, croissants, o mar... ou incluso o olor
do diñeiro!
Este concepto que tira proveito da memoria olfactiva materializarÃase mediante
cápsulas que poden empregarse até en 60 ocasións e que inicialmente estarán
dispoñibles con 6 aromas distintos: almorzo continental, larpeiradas, descanso,
aromaterapia fortalecente, aromaterapia vitalizante e salón VIP.
Os responsables deste proxecto aseguran que o sistema de difusión de aromas
empregado nas probas realizadas conseguÃa espertar ao usuario en menos de 2
minutos o 99% dos casos, e para o 1% restante o espertador continuarÃa a ter
alarma sonora, que se dispararÃa a 3 minutos da hora fixada para a activación
do dispositivo.
Actualmente o SensorWake pode adquirirse (sempre que o proxecto complete o seu
financiamento) por 80 euros incluÃndo un paquete con dúas cápsula aromáticas
(ou por 95 euros con 2 paquetes de 2 cápculas).