SensGard prepara uns auriculares con cancelación de ruÃdo sen compoñentes electrónicos
xoves, 15 de xullo do 2010
Para poder
escoitar música illándose do ruÃdo ao noso redor existe a tecnoloxÃa activa de
cancelación de ruÃdo, o que tradúcese nuns auriculares cun compoñente
electrónico que recolle o son de ambiente para neutralizalo, e que encarece
considerablemente o produto, pero agora chegan os auriculares ZEM
de SensGard, que prometen
conseguir unha redución do ruÃdo de ata 37 dB nos rangos de altas e baixas
frecuencias sen utilizar ningún compoñente electrónico, utilizando un simple
amplificador para cancelar o ruÃdo de fondo e reproducir o son con pureza.
Deste xeito teriamos uns auriculares máis económicos (custarán uns 90 dólares) e
lixeiros (uns 57 gramos) que non precisarÃan de pilas adicionais e incluso
poden encartarse para levalos comodamente no peto dunha camisa.
Queda por ver se o que prometen estes auriculares é totalmente certo ou estamos
ante simple propaganda, pois resulta difÃcil de crer que sexa posible unha
cancelación de ruÃdo efectiva sen compoñentes electrónicos, e de ser asà serÃa
un interesante avance para os amantes da música, asà coma para os que escoiten
música, radio ou mesmo chamadas telefónicas mentres viaxan en transportes
colectivos onde o rebumbio impide unha boa escoita, e forza habitualmente a
elevar o volume a niveis que poden danar o ouvido (o que evita habitualmente a
tecnoloxÃa de cancelación de ruÃdo).
- Os auriculares ZEM poden encartarse para o seu transporte no peto