Sennheiser presenta uns auriculares sen fÃos que buscan a excelencia sonora e a comodidade
martes, 9 de agosto do 2022
Para os consumidores que buscan auriculares sen fÃos con
grande calidade sonora e uso confortable chegan os novos Sennheiser
Momentum 4 Wireless, que non só presumen dunha excelente tecnoloxÃa de
cancelación de ruÃdo, senón que tamén destacan por unha autonomÃa de até 60
horas.
Os auriculares contan cun transdutor de 42 milÃmetros que achega un son de
grande calidade; a súa tecnoloxÃa de cancelación de ruÃdo activa consegue illar
ao usuario dos ruÃdos do contorno, aÃnda que tamén conta cun modo transparencia
para cando é preciso escoitar a alguén nun momento dado; a aplicación móbil Sennheiser
Smart Control permite personalizar a experiencia sonora axustando a ecualización;
e tamén promete un bo desempeño en chamadas telefónicas, para o que conta cunha
matriz de micrófonos de 2x2 capaz de illar a voz do usuario e tecnoloxÃa de supresión
do ruÃdo do vento.
Para resultar cómodo o seu uso, os Momentum 4 Wireless son lixeiros e contan
cun bo acolchado na diadema e nos auriculares. O seu deseño tamén permite levar
comodamente os auriculares ao redor do pescozo cando non está en uso
(resultando tamén doados de transportar nunha bolsa ou mochila).
Estes auriculares chegarán
ás tendas o 23 de agosto a un prezo recomendado de 349,90 euros.
VÃdeo promocional dos novos auriculares de Sennheiser