Sennheiser lanza os seus primeiros auriculares Bluetooth totalmente libres de cables
xoves, 30 de agosto do 2018
A familia de auriculares Momentum de de Sennheiser incorpora
un novo membro co gallo da feira IFA de BerlÃn, os Momentum True Wireless,
que son os
primeiros auriculares do fabricante que eliminan por completo os cables á
vez que manteñen as excelencia propia do seu fabricante, xa que aparte dun drivers dinámicos de 7 milÃmetros, os
auricualres integran a última tecnoloxÃa Bluetooth, soporte para o codec AAC e
compatibilidade con aptX, de xeito que consegue son de grande calidade e mÃnima
latencia.
Os Momentum True Wireless tamén son compatibles con Siri e o asistente de
Google, de xeito que cun simple toque podemos invocar ao asistente virtual que
teñamos no smartphones vinculado aos auriculares, para asà poder manexalo
mediante ordes de voz. Tamén integran un par de micrófonos para conseguir
optimizar a recepción de voz tanto para falar co asistente como para realizar
chamadas telefónicas nas que á voz se reciba correctamente.
Estes auriculares, resistentes á suor e a salpicaduras (IPX4), poden xestionarse
a través dunha aplicación para o móbil, facilitando asà que o usuario personalice
o son conforme ás súas preferencias. A súa autonomÃa é de até 4 horas, podendo
recargarse con só introducilos na súa caixa de transporte, que tamén integra
baterÃa, de xeito que en conxunto sumarÃan máis de 12 horas de autonomÃa. Tamén
inclúen adaptadores de silicona para os ouvidos de 3 talles diferentes.
Chegarán ao mercado a medidos de novembro e o seu prezo de venda ao público
será de 299 euros.
- Os auriculares inclúen varios adaptadores de silicona para poder axustarse comodamente ao ouvido