Seeing AI axuda aos invidentes a recoñecer e describir o seu contorno

mércores, 4 de decembro do 2019 Marcus Fernández

En 2017 Microsoft anunciou Seeing AI, unha aplicación de balde para iOS que busca axudar a persoas con eivas visuais recoñecendo o que capta a cámara do móbil mediante intelixencia artificial e narrándoo verbalmente, e aínda que esta útil ferramenta só estaba dispoñible en inglés, co gallo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade incorporaron 5 idiomas máis á aplicación: alemán, francés, xaponés, neerlandés e español.
Para o desenvolvemento do Seeing AI Microsoft contou coa colaboración de expertos da ONCE e da Fundación ONCE, que involucráronse na fase de probas do produto e achegaron recomendacións para a súa mellora.
Con Seeing AI os usuarios poden empregar a cámara do seu móbil para a lectura de textos curtos, recoñecer documentos, localizar e escanear códigos de barras para identificar produtos, recoñecer as caras das persoas que estean ao redor (deducindo tamén a súa idade e estado de ánimo), recoñecer o contorno (obxectos, persoas, animais...), identificar cores de obxectos, ler textos escritos a man, recoñecer fotografías (identificando a persoas e obxectos que san nas mesmas) e incluso recoñecer imaxes doutras aplicacións (como o correo electrónico, Twitter ou WhatsApp).

Cristian Sainz, responsable da unidade de posto de traballo dixital da ONCE, utilizando Seeing AI

Vídeo promocional no que podemos ver as bondades de Seeing AI

PUBLICIDADE