Seagate presenta o primeiro disco duro de escritorio que se alimenta por USB-C
mércores, 30 de marzo do 2016
Cando adquirimos un disco duro normalmente temos que elixir
entre facernos cunha lixeira e pequena unidade que se alimente directamente do
porto USB ou dun pesado e aparatoso bloque que precise dun adaptador de
corrente adicional para funcionar, pero Seagate conseguiu situarse nun punto
intermedio, e presentou o primeiro disco duro de escritorio que se alimenta por
USB, o Seagate
Innov8, que ten unha capacidade de 8 TB e conéctase co equipo informático a
través de USB 3.1, tecnoloxÃa que, aparte da comodidade do seu porto
reversible, tamén permite achegar corrente eléctrica dabondo para non precisar
dun adaptador de corrente adicional.
O Innov8 está encerrado nunha carcasa de aluminio que o protexe e permite a súa
colocación en vertical ou horizontal. Sairá á venda no mes de abril a un prezo
de 349 dólares a través da tenda en liña de Seagate, Amazon e outras canles de
distribución habituais.
- O disco duro Seagate Innov8 pode alimentarse directamente a través dun porto USB 3.1