Seagate presenta a súa nova gama de discos duros externos

luns, 15 de setembro do 2008 Marcus Fernández

Atendendo á forte demanda de discos duros externos Seagate anuncia os seus discos FreeAgent, que contan con gamas orientadas para o seu uso en ordenadores portátiles ou sobremesa.
Os FreeAgent Go serían os discos pensados para o seu uso en portátiles (non precisan de fonte de alimentación adicional), e se venderían en 4 cores (prata, negro, vermello e azul), se conectarían ao ordenador por USB 2.0 (agás no caso dun modelo específico para Mac que tamén incluiría porto FireWire). A unidade inclúe no seu interior un disco duro de 2,5 polgadas a 5.400 rpm con capacidades de ata 500 Gb.
Os FreeAgent Desk drive (para Mac) e FreeAgent XTreme drive (para PC) terían capacidade de ata 1,5 Tb, incorporando na versión para Mac portos USB 2.0, FireWire 400 e FireWire 800, mentres que os modelos para PC substitúen o FireWire 800 por un porto eSATA.
Todos estes discos de Seagate veñen preformateados (para o sistema operativo ao que van destinados) e os seus prezos de venda estarían entre os 160 e os 350 dólares segundo o modelo.

PUBLICIDADE