Seagate lanza o primeiro disco SATA a 6 Gbps de 2 Tb

luns, 21 de setembro do 2009 Marcus Fernández

Seagate anuncia o primeiro disco duro SATA a 6 Gbps e cunha velocidade de rotación de 7.200 rpm cunha capacidade de 2 Tb e que tamén conta co apoio dunha caché de 64 Mb. Este disco duro inicia a familia Barracuda XT, que polo momento non supón un importante salto con respecto das unidades SATA a 3 e 1,5 Gbps, pois esta primeira unidade acada unha velocidade máxima sostida de 138 Mb/seg., pero marcaría o salto a un novo tipo de discos que paulatinamente irán sendo soportados polas controladoras de disco das placas base que cheguen ao mercado.
Por fortuna, estes novos discos funcionarán sen problema en equipos que só soporten velocidades de 1,5 e 3 Gbps nas súas controladoras SATA, e o modelo de 2 Tb sairá á venda esta semana por 299 dólares (203,63 euros).

PUBLICIDADE