Seagate anuncia os primeiros discos duros de 8 Tb do mundo

xoves, 28 de agosto do 2014 Marcus Fernández

Aínda que as limitacións físicas fan cada vez máis complicado incrementar as capacidades dos discos duros, Seagate conseguiu adiantarse aos seus competidores e anunciou o inicio da comercialización dos primeiros discos duros do mundo de 3,5 polgadas en capacidade de 8 Tb, o que resulta especialmente interesante para grandes servidores empresariais, sempre demandando unha maior capacidade para atender os moitos servizos corporativos e na nube, sen ter que ocupar un maior espazo.
Conseguir almacenar 8 Tb nunha única unidade, é unha boa oportunidade para incrementar a densidade de almacenamento nos centros de datos a un prezo máis axustado. Ao incrementar a capacidade de cada unidade non só se reduce o espazo ocupado, senón que tamén redúcese o consumo enerxético.
As novas unidades de disco de Seagate estarán dispoñibles con normalidade a partires do vindeiro trimestre.

PUBLICIDADE