Sea of Thieves estará en probas durante a fin de semana

venres, 9 de marzo do 2018 Marcus Fernández

O último xogo de Rare, Sea of Thieves, chegará ás tendas o vindeiro día 20, e como unha última oportunidade para botarlle un ollo antes do seu lanzamento, até o vindeiro domingo celebra unha beta aberta para Xbox One e Windows 10, que permite que os xogadores realicen un achegamento preliminar a un título que convidaranos a converternos en piratas de lenda ou durmir entre os peixes.
Entre as características de Sea of Thieves que podemos ver na súa beta aberta están as fortalezas cheas de esqueletos que poder saquear con axuda doutras tripulacións; a posibilidade de unirse á alianza de mercaderes para tomar o control das liñas comerciais e facerse coas mellores recompensas a cambio de variadas misións; e a elección de navíos en función do número de tripulantes e das preferencias do usuario, de xeito que tanto poderemos optar por un rápido e potente galeón ou por unha pequena embarcación case invisible ante os canóns inimigos.
O xogo abrirá todo un mundo de exploración e aventura no que poderán coincidir numerosos xogadores en liña, que buscará en todo momento divertir e manter aos usuarios enganchados durante moito tempo grazas á evolución que irá experimentando o xogo mentres recibe novos contidos.

PUBLICIDADE