SeQura facilitará o financiamento das compras nas tendas GAME

martes, 20 de outubro do 2020 Marcus Fernández

Nun momento no que se está a disparar o consumo no sector dos videoxogos a plataforma de pagamentos SeQura chegou a un acordo coa cadea de tendas GAME para ofrecer aos seus clientes unha nova experiencia de compra tanto nas súas 241 tendas físicas en España como a través da súa tenda en liña.
A solución InStore permite que os usuarios de GAME poidan mercar os produtos a través dos seus smartphones, o que permite reducir o paso por caixa á vez que potencia á venda en liña, como tamén fixeron algunhas tendas de Xiaomi o pasado verán.
Amais, SeQura vén de lanzar Divide en 3, un novo xeito de realizar pagamentos flexibles que ofrece a posibilidade de que os clientes paguen en 3 meses sen xuros en compras de calquera produto, o que aseguran que permite incrementar as vendas até un 20%.

PUBLICIDADE