Se ha escrito un crimen terá videoxogo
mércores, 15 de xullo do 2009
A algúns sorprende que a
serie de televisión de As Bolas Máxicas
continúe a inspirar videoxogos por ter pasado moitos anos dende a súa emisión,
pero as franquÃas catódicas parecen ter unha longa traxectoria, como demostra o
último anuncio de Legacy Interactive, compañÃa que está a desenvolver un xogo
de misterio que devolverá ás pantallas (desta vez do ordenador) as aventuras da
escritora Jessica Fletcher en Se ha
escrito un crimen.
O
novo xogo estará dispoñible para PC a finais de ano, e todo apunta a
que este tÃtulo tratará de analizar distintos escenarios na procura de pistas
para resolver un crime, coma nos xogos inspirados na serie de televisión CSI ou incluso en clásicos de 8 bits
coma Vera Cruz.