Scribblenauts terá secuela no outono

luns, 8 de marzo do 2010 Marcus Fernández

A revista Nintendo Power confirmou que 5th Cell xa está a traballar nunha secuela do revolucionario xogo Scribblenauts para Nintendo DS, que incluirá 120 novos niveis, un editor de niveis, un novo sistema de trucos, controis optimizados e máis de 10.000 palabras novas, con adxectivos xogando un papel importante nun título que consiste en invocar obxectos escribindo o seu nome para solucionar de xeito imaxinativo distintos retos.
A nova entrega de Scribblenauts estará dispoñible no vindeiro outono, e todo apunta a que desta volta aproveitará o potencial do seu sistema de xogo, corrixindo os problemas de manexabilidade cos que conta o título orixinal (que decepcionou a moitos xogadores, aínda que iso non impediu que conseguise un nivel de vendas notable).

PUBLICIDADE