Scalebound fixa o seu lanzamento no ano 2017

luns, 4 de xaneiro do 2016 Marcus Fernández

Tras un ano no que parecía que os adiamentos de xogos de consola afectaban unicamente á PlayStation 4 comezamos 2016 cunha mala nova para os posuidores dunha Xbox One que gusten dos xogos de rol de acción, xa que o prometedor Scalebound, que está a desenvolver PlatinumGames en exclusiva para a consola de Microsoft, anúnciase que non estará dispoñible durante o presente ano, e haberá que agardar a 2017 para poder gozar deste xogo no que poderemos loitar axudados por un dragón chamado Thuban.
Esta aventura de fantasía e exploración, con un modo multi-xogador orixinal e combates con grandes doses de acción sería un dos meirandes xogos de PlatinumGames fixo nunca, e precisamente por iso decidiron proceder con prudencia e marcar unha meta razoable para o lanzamento de Scalebound.
Os responsables deste título xa levan anos traballando no mesmo, e confían en poder completar un produto inspirado e innovador, do que sentirse orgullosos, polo que este xogo que permitiranos achegarnos ao mundo de Draconis e as súas criaturas incribles podería ser unha das grandes bazas para que certo perfil de xogador dea unha oportunidade á Xbox One.

Vídeo de Scalebound estreado co gallo da Gamescom e que permítenos ver como será este ambicioso xogo

PUBLICIDADE