Sanyo presenta as súas novas cámaras duais

venres, 3 de abril do 2009 Marcus Fernández

A VPC-FH1 permite gravar vídeo a 1.080p

Sanyo presenta unha nova gama de videocámaras Xacti, composta polos modelos VPC-FH1, VPC-WH1, VPC-TH1 e VPC-CG10, que gravan vídeo en alta definición e incluso contan con un modelos somerxible e terán uns prezos estimados entre os 199,99 e os 499,99 dólares nos EE.UU.
Estas novas cámaras están consideradas coma duais por servir tanto para gravar vídeo como para tomar fotografías, resultando ideais para a creación de contidos para a Internet. O modelo superior, o VPC-FH1, é capaz de gravar vídeo de 1.080p a 60 fotogramas por segundo e tomar fotografías de 8 Mpíxeles, mentres que a súa versión cativa (VPC-TH1) limítase a vídeo a 720p e imaxes a 2 Mpíxeles (aínda que destaca polo seu zoom óptico de 30x).

A Xacti VPC-WH1 permite gravar vídeo de alta definición a 3 metros de profundidade

Nesta nova familia de cámaras tamén está a VPC-WH1, somerxible a 3 metros durante 1 horas, que grava vídeo a 720p e toma imaxes de 2 Mpíxeles. O seu zoom óptico é de 30x, polo que a poderiamos definir como a VPC-TH1 resistente á auga.
Para pechar, a VPC-CG10 preséntase como o dispositivo de baixa gama, cun reducido tamaño, pero capaz de gravar vídeo a 720p e facer fotografías de 10 Mpíxeles.

PUBLICIDADE