Santiago recibe 2 millóns de euros de fondos europeos para dixitalizar Abastos
venres, 22 de setembro do 2023
O
Ministerio de Industria, Comercio e Turismo vén de comunicar ao
Concello compostelán a concesión dunha subvención de case dous
millóns de euros para o proxecto Commarket Santiago, co que a
concellerÃa de Promoción Económica pretende dinamizar a oferta
comercial de Compostela e mellorar a praza de Abastos. Farao mediante
iniciativas como un marketplace.
A
concelleira MarÃa Rozas deu conta este venres 22 de setembro das
actuacións incluÃdas neste programa, que se desenvolverá ata
mediados de 2024 e para o que o Concello achegará medio millón de
euros de fondos propios. FÃxoo acompañada por LucÃa Castro,
responsábel técnica do departamento de Comercio.
A
concelleira de Promoción Económica explicou que o proxecto ten como
obxectivo "dinamizar, modernizar e fortalecer o tecido comercial
de Santiago, que se enfronta a importantes retos como a escasa
adaptación tecnolóxica e dixital, ou a falta de relevo xeracional".
MarÃa Rozas explicou que boa parte das accións de Commarket
Santiago afectan á praza de Abastos, como por exemplo a reforma das
marquesiñas e dos baños e a renovación das portas corredeiras (en
fase de licitación).
Ademais,
vanse substituÃr as luminarias e instalarase a rede Wi-Fi do
mercado.
Ademais,
a praza será unha das beneficiarias do marketplace que
se porá en marcha grazas á subvención concedida polo Ministerio de
Industria, Comercio e Turismo. Trátase dunha gran plataforma en liña
na que os comerciantes poderán vender os seus produtos e servizos,
"de maneira que os vendedores accederán a unha clientela máis
ampla e diversa, e os compradores terán ao seu alcance unha maior
variedade de produtos locais". De feito, no proxecto prevese a
incorporación das "paisanas" da praza de Abastos neste
modelo, para que tamén poidan realizar vendas online.
A
entrega dos produtos adquiridos a través do marketplace
farase ben a domicilio mediante repartidores, ou ben en puntos de
recollida que estarán localizados en diferentes lugares da cidade.
Nesta liña, o proxecto prevé a instalación de armarios
refrixerados nos que os clientes poderán recoller a súa compra de
produtos frescos sen ter que desprazarse ata o mercado, e garantindo
a correcta conservación dos alimentos. Para seguir a
rastrexabilidade dos produtos, haberá unhas etiquetas dixitais que
facilitan o control do stock e a actualización de prezos para a
venda online.
A
transformación dixital do comercio é un dos obxectivos principais
do proxecto Commarket Santiago, e nesa liña unha das accións máis
ambiciosas é a creación da Oficina de apoio e transformación
dixital +ComercioSCQ. Desde ela, profesionais especializados no
sector TIC prestarán asesoramento personalizado aos comercios que o
desexen, ao redor de cuestións como a atención ao cliente, a
mercadotecnia en liña, a comunicación ou o financiamento. Ademais,
prevese impulsar procesos de formación para traballadores e
autónomos do sector comercio, co obxectivo de mellorar as súas
habilidades dixitais para, ao tempo, mellorar a xestión dos seus
negocios.
En
canto á promoción do sector comercial, no Commarket Santiago
contémplanse accións como o programa O comercio sabe do que
fala, que prevé a gravación de pequenos vÃdeos protagonizados
polos propios comerciantes, dándolle continuidade aos
vÃdeo-consellos xa postos en marcha.
As
últimas accións incorporadas ao programa Commarket Santiago teñen
como obxectivo fomentar unha alimentación saudábel baseada na dieta
atlántica. Con ese obxectivo porase en marcha unha aplicación móbil
que permitirá crear menús semanais ou quincenais personalizados con
produtos de tempada. Esta aplicación, que facilitará un receitario
propio, poderÃa estar conectada á marketplace, de
modo que a persoa usuaria poida facer directamente a compra dos
produtos que precisa para a elaboración dos seus menús e recollelos
ben na praza de Abastos ou ben nos armarios refrixerados.