Santiago loce tecnoloxías turísticas innovadoras en FITUR

mércores, 22 de xaneiro do 2020 Redacción

O Concello de Santiago está no salón FITUR, en Madrid, dando a coñecer as súas novas experiencias en materia de tecnoloxías e turismo. No marco da feira, o concelleiro de Turismo e Ano Santo, Sindo Guinarte, e a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, presentaron Santiago Tech Compostela, unha nova liña estratéxica que, segundo apuntou Sindo Guinarte, “ten por obxectivo empregar as múltiples posibilidade que ofrecen as novas tecnoloxías para mellorar a experiencia do turista en Santiago, co obxectivo de motivarlle a ampliar a súa estadía na cidade”.
Ao abeiro desta nova liña estratéxica de traballo, Turismo de Santiago presentou tres proxectos concretos en FITUR: unha innovadora aplicación para dispositivos móbiles (concibida como un recurso de recomendacións de actividades para desenvolver e dispoñíbel en sete idiomas); unhas novas audioguías, pensadas para escoitarse dende dispositivos móbiles (accesíbeis nun innovador formato que evita carrexar reprodutores MP3 e que consiste nunha tarxeta cun código personalizado que se introduce na web de Turismo de Santiago dando acceso indefinido a todo o contido das audioguías); e participación no Bodah, un proxecto europeo liderado por Turismo de Santiago que ten por obxectivo desenvolver unha ferramenta baseada na análise de información a gran escala (Big Data) para xestionar fluxos turísticos.

PUBLICIDADE