Santiago e as restantes cidades patrimonio reivindican a súa riqueza histórica nos móbiles
mércores, 21 de febreiro do 2018
Facer
ver entre as novas xeracións a importancia de protexer e valorar a
riqueza histórica das súas cidades ao tempo que se estimula a
creatividade botando man das novas tecnoloxÃas. Este é un dos
grandes obxectivos da segunda edición do
Certame de Creación Audiovisual para Mozas/os, A miña cidade é
patrimonio de todos, que se presentou este martes e que vén da
man do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, do que
forma parte Santiago de Compostela. O programa enmárcase na
celebración ao longo deste 2018 do 25 aniversario da constitución
do Grupo. O certame, que coincide coa celebración en 2018 do Ano
Europeo do Patrimonio Cultural, está dirixido a xente de nova de
entre 16 e 30 anos.
Amais
dos ditos obxectivos, con este concurso tamén se busca propiciar un
maior coñecemento e sensibilización cara as 15 cidades patrimonio,
potenciar o uso das novas tecnoloxÃas, desenvolver a creatividade no
campo da imaxe e estimular a capacidade de observación da contorna
da cidade. Segundo informa o Concello de Santiago, fÃxanse dúas
categorÃas de participación: a primeira para a mocidade de entre 16
e 18 anos, que deberá presentar a súa obras no centro
xuvenil/concellerÃa de Mocidade dalgunha das 15 cidades que forman o
Grupo, e a segunda para participantes de entre 19 e 30 anos, que
terán que inscribirse a través da páxina web
www.ciudadespatrimonio.org.
O prazo de participación ábrese este mesmo martes e pecharase o 1
de xuño de 2018.
Esta
actividade desenvólvese no seo da Comisión de Patrimonio e Cidade
do Grupo, que é o órgano encargado da xestión dos proxectos
relativos á conservación, defensa e divulgación do patrimonio das
cidades da rede.
Respectos dos premios a entregar, na primeira das categorÃas achegarase equipamento de medios audiovisuais para o centro xuvenil ou concellarÃa na que se inscribira o gañador ou gañadora, por valor de 3.000 euros. Tamén se entregará un smartphone de última xeración valorado en 1.000 euros.
Na segunda modalidade, a de idades comprendidas entre os 19 e os 30 anos, o primeiro premio incluirá 2.000 euros, o segundo 1.500 e o terceiro 1.000.