Santiago de Compostela será a primeira demarcación galega en contar con TDT de ámbito local
mércores, 26 de marzo do 2008
- Correo TV será a primeira canle privada galega en sumarse á TDT
Retegal xa comezou os traballos de instalación dos equipos
necesarios para que as televisións locais de Santiago de Compostela comecen a
emitir en dixital, polo que as
concesionarias de licenzas de TDT local en Compostela serán as primeiras de
Galicia en dixitalizar as súas emisións, o que poderÃa acontecer a finais
do mes de abril.
Os técnicos de Retegal xa colocaron o pasado martes unha nova antena no centro
emisor do Pedroso para pór en marcha o servizo, para o que precisaron dunha
grúa xigante que colocou a antena na torre a 65 metros de altura.
A demarcación de TDT de Santiago de Compostela tamén comprende ós
concellos de Ames, Teo, Padrón, Brión, Negreira, Rois e Vedra, de xeito que se
lle dá cobertura a uns 300.000 habitantes; para a emisión dos programas
televisivos empregarase o múltiplex correspondente á canle 23 de UHF.
O comezo das emisións de TDT de ámbito local en Compostela fará que Correo TV (pertencente ó Grupo Correo
Gallego) sexa a
primeira canle privada de Galicia en dar o salto á Televisión Dixital Terrestre,
adiantándose en máis dun ano ó apagamento analóxico.