Sanción de 400.000 euros a Exvagos2.com

martes, 19 de novembro do 2019 Marcus Fernández

As autoridades continúan a xogar ao rato e ao gato co foro ExVagos.com, que en 2016 fora bloqueado por operadores españois, para saltarse rapidamente os bloqueos mudando de nome de dominio, e agora o Ministerio de Cultura e Deporte impón unha sanción de 400.000 a exvagos.com, exvagos1.com e exvagos2.com pola comisión dunha infracción moi grave da Lei de Propiedade Intelectual consistente na reanudación de actividades ilícitas de vulneración de dereitos de propiedade intelectual na Internet.
O Ministerio esixe o cesamento da actividade durante un ano e, de non producirse de xeito voluntario, pedirase a colaboración dos provedores de acceso á Rede, os servizos de aloxamento, os motores de busca e os servizo de publicidade que suspendan os servizos prestados ao infractor.
Pero aínda que a sanción contra o responsable de Exvagos sexa grande, estamos a falar dunha sanción administrativa contra un cidadán estranxeiro, que non reside en España, e que ten servidores fóra do territorio europeo, polo que semella que acontecerá o mesmo que con sancións anteriores.

PUBLICIDADE