Samsung quere dicir adeus aos proxectores de cine
mércores, 29 de marzo do 2017
Cada vez son máis os espazos non que se retiran os
proxectores de vÃdeo para empregar directamente televisores de grande formato,
xa que ofrecen unha experiencia de uso moi superior á vez que os tamaños son
cada vez máis próximos, e dende Samsung queren levar moito máis aló esta
tendencia, e buscan dicir adeus aos proxectores cinematográficos e substituÃlos
por paneis LED como os que estes dÃas están a presentar na convención CinemaCon 2017 de Las Vegas.
As novas
Samsung Cinema Screen serÃan as primeiras pantallas de cine LED con HDR,
que ofrecerÃan unha calidade de imaxe sen precedente para as salas de cine,
tanto ao que se refire á fidelidade das cores como á resolución, xa que estes
paneis de 34 pés (10,36 metros) teñen unha resolución de 4.096 x 2.160 pÃxeles,
conseguindo asà un nivel de detalle moi superior ao que estamos afeitos nos
cines.
Estas pantallas achegarÃan imaxes HDR dun xeito moi fiel, multiplicando case
por 10 o nivel de brillo que conseguen os proxectores de cine tradicionais, á
vez que tamén evita as distorsións ópticas e as interferencias, ou sexa, que
estamos ante unha mellora tecnolóxica clara, que sumada á tecnoloxÃa de son
achegada por Harman completa unha das mellores experiencias de reprodución
cinematográfica ás que podemos aspirar.
Amais, esta tecnoloxÃa carece das esixencias de baixa iluminación da proxección
de vÃdeo tradicional, de xeito que abrirÃa o uso das salas de cine para a
celebración de eventos corporativos e outros espectáculos, dando a impresión de
que o seu éxito parece inevitable, quedando pendente principalmente da redución
de prezo que vaian tendo estas pantallas segundo se vaia normalizando a súa
produción.