Samsung producirá en masa pantallas OLED de portátil a 90 Hz
xoves, 21 de xaneiro do 2021
A división de pantallas de Samsung anunciou que a
partir do mes de marzo producirán en masa pantallas OLED de 14 polgadas a 90 Hz
para equipos portátiles, facilitando asà que estas pantallas de grande
calidade poderán popularizarse ao longo do presente ano en equipos de alta
gama.
Lembremos que as pantallas OLED ofrecen unha calidade de imaxe superior aos
paneis LCD xa que cada punto en pantalla xera a súa propia luz (ou sexa, que
apagándose consegue un negro profundo), mentres que a tecnoloxÃa LCD
conta con retroiluminación.
A tecnoloxÃa OLED tamén permite un menor consumo de enerxÃa, algo que
normalmente se valora en teléfonos móbiles nos que esta tecnoloxÃa de pantalla
é o referente actual, pero que tamén ten un grande impacto en portátiles, e o
feito de que estas novas pantallas teñan unha velocidade de refresco de 90 Hz
permite unha grande nitidez en secuencias con moito movemento (principalmente en
videoxogos) asegurando dende Samsung que unha pantalla OLED a 90 Hz achega unha
sensación de velocidade equivalente a unha LCD de 120 Hz.
En calquera caso estamos a falar das primeiras pantallas OLED de portátil de 90
Hz, polo que é de esperar que só estean dispoñibles para equipos de alta gama.