Samsung presentará un móbil cunha cámara de 12 Mpíxeles

martes, 3 de febreiro do 2009 Marcus Fernández

Imaxe retocada dun Samsung Innov8 facéndose pasar por un móbil cunha cámara de 12 MpíxelesA mediados de mes agárdase que Samsung presente no Mobile World Congress de Barcelona un novo terminal telefónico que marcaría o tope de resolución na súa cámara dixital integrada, pois chegaría aos 12 Mpíxeles, superando incluso á meirande parte de cámaras dixitais no mercado.
Samsung xa se colocara en cabeza ao lanzar a súa cámara Innov8 (que foi a primeira en chegar aos 8 Mpíxeles), e pretende repetir o éxito, aínda que hai que admitir que unha resolución tan esaxerada non será unha prestación que demande o usuario medio.

PUBLICIDADE