Samsung presentará o seu smartwatch o 4 de setembro

martes, 27 de agosto do 2013 Marcus Fernández

O Samsung S9110 foi o watchphone comercializado por Samsung en 2009

A semana que vén comezará en Berlín a feira de electrónica de consumo IFA, e unha das compañías que apostará de xeito importante pola mesma será Samsung, que ten previsto adiantarse á apertura de portas anunciando o 4 de setembro un par de produtos moi agradados como sería o Samsung GALAXY Note III e o primeiro smartwatch da compañía, que respondería ao nome de Samsung GALAXY Gear.
Samsung xa comercializara en 2009, con pouco éxito, un móbil 3G de pulso, ao que definía como watchphone, pero os smartwatches non buscan ser un produto autónomo, senón operar en combinación cun smartphone, para potenciar as súas prestacións e facilitar o seu uso dun xeito distinto, máis de vestir.
Sobre o Samsung GALAXY Note III tamén levamos semanas escoitando numerosos rumores con respecto ás súas especificación de hardware, parecendo case seguro que contará cunha pantalla de 5,68 polgadas.

PUBLICIDADE