Samsung presenta un televisor 3D de 32 polgadas

martes, 26 de abril do 2011 Marcus Fernández

As altas prestacións non teñen por qué limitarse aos televisores de grande tamaño, e así presentan en Corea o Samsung D6350, un televisor de 32 polgadas da liña 3D Smart TV, que permite a visualización de contidos 3D con lentes e chegará ás tendas en breve a un prezo de 1,3 millóns de wons (820 euros), aínda que tamén estará dispoñible nun modelo de 40 polgadas por 2,1 millóns de wons (1.325 euros).
Este televisor conta co motor 3D Real que facilita a conversión de contidos 2D a 3D, conta con alta conectividade, é compatible con DLNA, opta polo uso de lentes pasivas (máis baratas e lixeiras) e incorpora tecnoloxías que buscan reducir o malestar que poden padecer algúns usuarios ao visualizar contidos estereoscópicos.

Aparte das capacidades 3D, o televisor D6350 tamén goza dunha alta conectividade e de reprodución multimedia en rede

PUBLICIDADE