Samsung presenta un proxector láser 4K con HDR10+

mércores, 2 de setembro do 2020 Marcus Fernández

Esta mañá Samsung celebrou un evento en liña titulado Life Unstoppable no que deu a coñecer diferentes produtos orientados ao fogar entre os que chamou especialmente a atención The Premiere, un novo proxector de vídeo que promete unha experiencia cinematográfica en casa que destaca por ser o primeiro proxector a nivel mundial con certificación HDR10+, ofrecendo unha cor e un contraste revolucionarios.
O The Premiere LS97T chegará ao mercado español este mesmo ano, e ao ser un proxector de tiro curto facilita a instalación dunha pantalla de 120 polgadas cun grande aforro de espazo, xa que pode proxectar directamente na parede. Aparte de contar con resolución 4K, luminosidade de 2.200 lumenes ANSI e Filmmaker Mode (que respecta o formato no que se gravaron os filmes), o proxector láser está equipado cun potente <woofer e con son envolvente Acoustic Beam, completando unha grande experiencia audiovisual nun deseño minimalista.

JPEG - 77.6 KB
The Premiere pode proxectar unha imaxe 4K de 120 polgadas a pouca distancia da parede

PUBLICIDADE