Samsung presenta un novo smartphone básico con pantalla de 4,3 polgadas

luns, 6 de maio do 2013 Marcus Fernández

Este mes Samsung porá á venda un novo smartphone con Android 4.1 que apunta a un público bastante amplo ao conter as súas prestacións nun formato bastante atractivo. O Samsung GALAXY Core funciona cun procesador de dobre núcleo a 1,2 GHz, 1 Gb de RAM e 8 Gb de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas de memoria de ata 64 Gb), prestacións bastante modestas, como tamén o é a súa pantalla TFT de 4,3 polgadas (que pese a ter un bo tamaño, limita a súa resolución a 480 x 800 píxeles) e as súas cámaras a 5 e 0,3 Mpíxeles, deixando claro que buscan dar a aparencia dun bo terminal, pero ofrecéndoo a un prezo axustado (aínda non desvelado).
O novo móbil ten un grosor de só 8,95 milímetros (o que o dota de certa elegancia), pesa 124 gramos e a súa batería ten unha capacidade de 1.800 mAh. Goza de conectividade Wi-Fi N, Bluetooth 3.0, micro USB 2.0 e GPRS/EDGE/HSUPA e chegará este mes nunha versión con dobre SIM e en xullo con só unha SIM (chegando cada un dos modelos a mercados diferentes, dando a impresión de que en Europa non o veremos ata xullo).

PUBLICIDADE