Samsung presenta un móbil solar

xoves, 12 de febreiro do 2009 Marcus Fernández

De cara ao Mobile World Congress moitos fabricantes están a aproveitar para presentar espectaculares terminais con grandes pantallas táctiles e funcións multimedia, pero Samsung tamén mira para outro tipo de produtos, coma os ecolóxicos, e dá a coñecer o Blue Earth, un terminal fabricado en PCM (plástico reciclado partindo de botellas de auga), conta cun modo eco que axusta o brillo da súa pantalla, a duración da retroiluminación e o uso do Bluetooth para unha maior eficiencia e mesmo integra un podómetro para informar ao usuario das emisións de CO2 que evita ao camiñar en vez de ir en coche.
O Samsung Blue Earth tamén conta cun panel solar na súa parte traseira, o que permitiría a súa recarga en calquera momento, así como apostaría por unha fonte de enerxía alternativa e renovable. Chegará ao mercado europeo na segunda metade do ano.

PUBLICIDADE