Samsung presenta un UMPC con WiMAX

martes, 28 de agosto do 2007 Marcus Fernández

Un momento no que as tecnoloxías de comunicación sen fíos están de plena actualidade temos que mirar para Corea do Sur para ver cómo as redes WiMAX (cunha solución coñecida coma WiBro) xa están a ser explotadas comercialmente, e son tan comúns coma o móbil, polo que non é de sorprender que Samsung lance o se Mobile WiMAX Deluxe MITs (SPH-P9200).
Este novo UMPC é un equipo que serve para conectarse á Internet mediante a tecnoloxía sen fíos baixo o estándar IEEE 802.16e así coma realizar chamadas de VoIP mediante WiBro. Incorpora o sistema operativo Windows XP, unha pantalla LCD de 5 polgadas, un disco duro de 30 Gb e un teclado QWERTY, polo que é coma levar o ordenador no peto, sen prescindir do acceso á Rede de banda larga. Unha marabilla que agardemos que se faga pronto unha realidade en Europa.

PUBLICIDADE