Samsung presenta pantallas transparentes e de espello con tecnoloxÃa OLED
mércores, 10 de xuño do 2015
Samsung Display está a presentar esta semana no Centro de
Mostras e Convencións de Hong Kong os
primeiros paneis OLED transparentes e de espello, que buscan revolucionar
os establecementos comerciais e os puntos de información, xa que permitirÃan
amosar información ao público dun xeito moi atractivo e rechamante, que sabe
captar a atención do consumidor.
Unha das propostas de Samsung consiste en integrar a súa nova tecnoloxÃa OLED
en espellos que tamén conten coa tecnoloxÃa Intel Real Sense, o que permitirÃa
que nun vestidor puidese representar roupas sobre o consumidor dun xeito moi realista,
idea que se ten presentado en numerosas ocasións, pero que deste xeito promete
unha experiencia de grande calidade, mudando o xeito no que os clientes poden
interactuar co catálogo dunha tenda.
AÃnda que actualmente esteamos a falar de tecnoloxÃas cun prezo moi elevado que
só estarÃa destinada a usos profesionales, dende Samsung agardan que no futuro
poidan integrarse no fogar, de xeito que poderÃan substituÃrse os espellos da
casa para poder achegar información nos lugares onde habitualmente se colocan
espellos.
Actualmente xa hai pantallas LCD integradas en espellos, pero cos novos paneis
OLED conséguese unha reflectacia que superarÃa como mÃnimo un 50% (podendo
superar incluso o 75% nalgúns casos) conseguindo incluso unha boa
representación da cor, unha excelente relación de contraste e un tempo de
resposta moi rápido.
No caso das pantallas transparentes, a tecnoloxÃa OLED tamén supón un
incremento substancial fronte a paneis LCD ordinarios, con mellor
representación da cor, un mellor ángulo de visión e incluso un maior nivel de
transparencia, deixando claro que o cambio de tecnoloxÃa neste tipo de
pantallas supón claras vantaxes que, sumadas ás novas tecnoloxÃas de imaxe, fan
posibles solucións que até hai pouco parecÃan propias das pelÃculas de ciencia
ficción.