Samsung presenta os seus Galaxy S6 e Galaxy S6 Edge
luns, 2 de marzo do 2015
Samsung quixo aproveitar a xornada de onte para presentar
ao mundo os seus novos móbiles insignia de cara ao Mobile World Congress de
Barcelona, que continúan na liña da compañÃa surcoreana dos últimos anos, aÃnda
que na actualidade estes dispositivos de referencia xa non son as grandes
estrelas do seu catálogo, no que tamén destaca a familia Note que aÃnda tardará
uns meses en renovarse.
Os terminais presentados onte serÃan os Galaxy S6 e o Galaxy S6 Edge, que
chegarán ao mercado cunha combinación de metal e cristal (con Corning Gorilla
Glass 4) que busca dar unha aparencia Premium, deixando elixir aos consumidores
entre varias cores inspiradas en xoias (branco perla, negro zafiro, ouro
platino, azul topacio e verde esmeralda).
A nivel técnico estes novos smartphones presumen de cámaras de 16 e 5 MpÃxeles,
que no caso da cámara traseira inclúen HDR, estabilización óptica de imaxe e balance
de brancos mediante infravermellos; nova tecnoloxÃa de carga que serÃa 1,5
veces máis rápido que o Galaxy S5 (conseguindo 4 horas de autonomÃa en só 10
minutos de carga) e gozando tamén de sistema de carga sen fÃos; procesador de
grande potencial, pantallas de alta densidade... e incluso estrean a nova
tecnoloxÃa de pagamento móbil Samsung Pay, que verá a luz nos EE.UU. na segunda
metade do ano e da que aÃnda non se coñecen os detalles para Europa.
- O Galaxy S6 Edge aposta polo aproveitamento dos bordes laterais do terminal para espallar a súa pantalla
Concretando en cada smartphone, o Samsung Galaxy S6 conta cunha pantalla Super AMOLED de 5,1 polgadas cunha resolución de 2.560 x 1.440 pÃxeles, procesador de oito núcleos, 3 GB de RAM, 32/64/128 GB de almacenamento interno, cámaras de 16 e 5 MpÃxeles, conectividade LTE, Wi-Fi AC, Bluetooth 4.1, NFC, mando a distancia de infravermellos, Android 5.0, baterÃa de 2.550 mAh, un grosor de 6,8 milÃmetros e un peso de 138 gramos; mentres que o Samsung Galaxy S6 Edge diferénciase principalmente en que a súa pantalla esténdese polos seus laterais creando un revolucionario bisel a cada lado co que Samsung pretende chamar poderosamente a atención á vez que abre a posibilidade a novas interaccións co dispositivo (xa que os marcos laterais do móbil poden agora amosar información e responder de xeito táctil), o seu grosor medra até os 7 milÃmetro, cae o seu peso até os 132 gramos e a súa baterÃa pasa a ser de 2.600 mAh.
- Os novos terminais de Samsung gozan de cámaras con elevadas prestacións
- Os materiais empregados nos novos terminais buscan darlle un acabado elegante os dispositivos insignia de Samsung
VÃdeo de presentación dos novos smartphones de Samsung