Samsung presenta o seu smartwatch
mércores, 4 de setembro do 2013
- JK Shin abriu o evento amosando o novo Samsung GALAXY Note 3
Samsung
fixo o seu segundo Unpacked do ano, nun evento en BerlÃn sen sorpresas, no que
amosou tanto o seu agardado GALAXY Note 3 como o seu rumoreado smartwatch, completando a xornada cunha
revisión do seu tablet con pantalla de 10,1 polgadas, e apostando en todos os
casos non só por un hardware potente, senón tamén por un software que
permÃtelles diferenciarse dos seus competidores.
O Samsung
GALAXY Note 3 sairá á venda o 25 de setembro, e supón un incremento de
tamaño da familia de tabletófonos de Samsung, presentando unha pantalla Super
AMOLED de alta definición (1.920 x 1.080 pÃxeles) cunha diagonal de 5,7
polgadas, mantendo o terminal nun grosor de só 8,3 milÃmetros e cun peso de 168
gramos. Entre a súas especificacións tamén destaca que funciona con Android
4.3; integra cámaras de 13 e 2 MpÃxeles, Wi-Fi AC, GPS, NFC, Bluetooth 4.0,
infravermellos, MHL 2.0, unha xenerosa baterÃa de 3.200 mAh, 32 ou 64 Gb de
almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas microSD de ata 64 Gb) e unha
impresionante cantidade de memoria RAM (3 Gb) claramente orientada a permitir
que o smartphone poida realizar varias tarefas ao mesmo tempo, aproveitando o
grande tamaño da súa pantalla.
- Con Pen Window podemos abrir unha segunda aplicación no recadro que indiquemos en pantalla
Este móbil destaca pola súa excelente integración do S Pen, que vén acompañado
por numerosas aplicacións de Samsung, como Action Memo (que permite tomar notas
a man que poden recoñecerse para realizar unha chamada de xeito instantáneo ou
engadir contactos á axenda), Scrapbook (un libro de recortes no que almacenar
contidos de distinto tipo que atopemos na Rede), Screen Write (captura a
pantalla actual para poder tomar anotacións sobre a mesma), S Finder (un
potente buscador dos contidos almacenados no móbil) e Pen Window (que non só
permite usar o S Pen para escribir en pantalla, senón incluso para definir
recadros nos que amosar unha aplicación secundaria para, por exemplo, abrir
unha calculadora sen deixar a aplicación actual). A pantalla do dispositivo
tamén pode dividirse en varias fiestras con distintas aplicacións, sendo
incluso posible arrastrar e soltar contido entre ambos espazos.
Pero se algo querÃa ver o público do evento desta tarde era o smartwatch de Samsung, que poderÃa ser o
primeiro dispositivo deste tipo en chegar a un público masivo (aÃnda que temos
que lembrar que xa hai anos que existen no mercado, incluso con fabricantes tan
importantes como Sony). O Samsung
GALAXY Gear busca ser un bo complemento para os smartphones Samsung GALAXY,
que lévase no pulso coma un reloxo normal, pero que achega notificacións do
móbil, integra un altofalante para poder responder chamadas directamente dende
o reloxo (aÃnda que dun xeito bastante incómodo), permite dar ordes por voz ao
smartphone (programando alarmas, engadindo entradas no calendario ou
consultando a predición do tempo), captura a nosa actividade diaria (dispara
fotografÃas de 1,9 MpÃxeles e serve para tomar notas rápidas de voz), pode
operar como podómetro (funcionalidade que parecen estar a por de moda distintas
pulseiras conectadas que se comercializaron nos últimos meses) e incluso pode
axudar a localizar o smartphone forzándoo a soar, iluminarse e vibrar.
- O reloxo estrearase con correas de 6 cores diferentes
O GALAXY Gear venderase en varias cores diferentes a partir do 25 de setembro,
e terá ducias de aplicacións optimizadas para o dispositivo que funciona cunha
pantalla Super AMOLED de 1,63 polgadas cunha resolución de 320 x 320 pÃxeles,
Bluetooth 4.0, 512 Mb de RAM, 4 Gb de memoria interna, acelerómetro, xiroscopio
e baterÃa de 315 mAh que achegarÃa unha autonomÃa de máis de 25 horas de uso. O
seu grosor é de 11,1 milÃmetros e pesa 73,8 gramos. Espérase
que o seu prezo de venda sexa de 299 dólares.
Máis discreto foi o novo Samsung
GALAXY Note 10.1 (2014 Edition), que non deixa de ser unha actualización de
especificacións de tablets anteriores, e que ten prevista a súa chegada ao
mercado dende antes de rematar o mes. O novo tablet chegará con Android 4.3,
unha pantalla Super clear LCD de 10,1 polgadas cunha resolución de 2.560 x
1.600 pÃxeles, cámaras de 8 e 2 MpÃxeles, Wi-Fi AC, Bluetooth 4.0, USB 2.0,
GPS, 3 Gb de RAM, 16/32/64 Gb de almacenamento interno (ampliable mediante
tarxeta microSD de ata 64 Gb) e S Pen. A súa baterÃa é de 8.220 mAh, o seu
grosor é de só 7,9 milÃmetros e o seu peso de 535 gramos (o modelo con Wi-Fi,
pois tamén estará dispoñible en versións con 3G ou 4G).
VÃdeo de presentación do Samsung GALAXY Note 3