Samsung presenta o seu primeiro portátil con pantalla 4K

xoves, 5 de novembro do 2015 Marcus Fernández

As resolucións de pantalla non están medrar esaxeradamente só nos smartphones e tabletas, senón que a tendencia polas pantallas de alta densidade está a chegar aos ordenadores portátiles, e así Samsung anuncia o seu primeiro ordenador con pantalla de ultra alta definición, o ATIV Book 9 Pro, un portátil de alta gama que presume de pantalla de 15,6 polgadas cunha resolución de 3.840 x 2.160 píxeles.
O equipo tamén conta cun procesador Intel Core i7 de sexta xeración, 8 GB de RAM, 256 GB de SSD, gráfica nVIDIA GeForce GTX 950M, catro altofalantes, webcam de alta definición, Wi-Fi AC, Bluetooth 4.1, saída HDMI de 4K, 1 porto USB 3.1 tipo C, 3 portos USB 3.0 tipo A e unha batería cunha autonomía de até seis horas e media, prestacións bastante avanzadas que xustificarían os 1,599 dólares aos que o equipo vai saír á venda nos EE.UU. este mesmo mes.
Paralelamente Samsung tamén prepara unha variante do equipo cunha menor potencial e cunha pantalla de menor resolución pero táctil e cunha bisagra que facilita o seu uso a xeito de tableta. O Samsung ATIV Book 9 Spin conformaríase cunha pantalla de 13,3 polgadas cunha resolución de 3.200 x 1.800 píxeles, a súa autonomía medraría até as 7 horas e o seu prezo sería de 1.399 dólares.

O ATIV Book 9 Spin pode empregarse a xeito de tableta

PUBLICIDADE