Samsung presenta o seu móbil con cámara de 12 Mpíxeles e pantalla AMOLED

martes, 29 de setembro do 2009 Marcus Fernández

Samsung anunciou hoxe o lanzamento en Corea do Sur do novo móbil Samsung SCH-W880, tamén coñecido coma Samsung AMOLED 12M, deixando claro así que falamos dun terminal cunha cámara fotográfica de 12 Mpíxeles (con zoom óptico de 3x, flash de xenon, enfoque automático ou táctil, detección de caras e incluso capaz de gravar vídeo a 1.280 x 720 píxeles a 30 fotogramas por segundo) e cunha pantalla táctil AMOLED de 3,3 polgadas cunha resolución de 800 x 480 píxeles.
O fabricante coreano xa contaba cun terminal con cámara de 12 Mpíxeles (o Pixon12) pero coa incorporación dunha pantalla AMOLED dan un importante salto adiante na calidade deste terminal, que conta cunha memoria interna de 4 Gb (ampliable mediante tarxetas microSD de ata 32 Gb) que tamén goza dun bo soporte de formatos para a reprodución multimedia (MPEG-4, H.263, H.264, DivX, Xvid, MP3, AAC, AAC+, AAC+e e WMA).

PUBLICIDADE