Samsung presenta novos televisores de plasma con modo 3D

xoves, 28 de febreiro do 2008 Marcus Fernández

Os novos Samsung PAVV precisan de gafas especiais para gozar dun modo 3D

Samsung presentou en Corea do Sur os seus novos televisores de plasma de 42 e 50 polgadas que inclúen a tecnoloxía 3D Ready, o que permite utilizar un modo tridimensional nalgúns videoxogos e películas, aínda que necesitarán dunhas gafas especiais para aprezar tal efecto. Esta orixinal tecnoloxía se desenvolveu en colaboración con Electronic Arts, para optimizar estes televisiores para dar a mellor experiencia de xogo posible.
Os novos televisores son FullHD, teñen entradas HDMI 1.3 e porto USB (para conectar dispositivos externos e poder reproducir os seus contidos). As imaxes presentadas en pantalla teñen unha aparencia natural grazas á tecnoloxía DNIe+ e dende Samsung aseguran que estes televisores acadan un contraste de 1.000.000:1, o que garante unha calidade de negros impresionante.

PUBLICIDADE