Samsung presenta as últimas innovacións do seu C-Lab
martes, 2 de xaneiro do 2018De
cara ao CES de Las Vegas é habitual que Samsung amose algún dos produtos que
está a desenvolver no seu laboratorio creativo (o C-Lab), que normalmente non
chegan a traducirse en produtos comerciais (cando menos comercializados
directamente pola compañÃa surcoreana) como aconteceu cos produtos
presentados hai un par de anos.
Desta volta os
produtos innovadores que levan a Las Vegas son bastante rechamantes, e cando
menos o S-Ray parece que está chamado a integrarse nalgún produto comercial no
futuro, xa que trátase dun altofalante portátil con son direccional, ou sexa,
que permitirÃa gozar dun sistema de son persoal coa comodidade dos altofalantes.
Esta tecnoloxÃa de altofalantes direccionais pode adoptar distintas formas,
pero unha das máis atractivas serÃa a de banda para o pescozo, de xeito que con
levar esta especie de colar poderiamos escoitar música sen ter que ocupar o
pavillón auditivo con auriculares e sen que a xente que estea ao noso redor
escoite o que reproducimos. Outros formatos dispoñibles serÃan un pequeno
altofalante con forma de pinza para colocar no ordenador portátil (para
proxector o son ao usuario que estea diante) e incluso unha funda para o smartphone
que integre esta tecnoloxÃa.
Outro produto realmente revolucionario serÃan as lentes RelúmÄno, que xa
puideron verse en 2017 no Mobile World Congress, e que axudarÃan ás persoas con
problemas de visión a ler un libro ou ver un obxecto, para o que conéctanse a
un smartphone, que será o dispositivo que se encargará de procesar os vÃdeos
que cheguen da cámara das lentes e procesarán as imaxes para amosalas dun xeito
que sexan máis axeitadas á vista do usuario (por exemplo, invertendo as cores
para facilitar a lectura dun libro, de xeito que as páxinas verÃanse con letras
brancas sobre fondo negro).
O produto máis especÃfico serÃa GoBreath, que vén a ser unha solución para
xente que padeceu danos pulmonares e padecen de complicacións pulmonares
postoperatorias, ou sexa, que precisan da realización de exercicios de
respiración profunda para unha recuperación máis rápida, ao que axudará esta
desenvolvemento de Samsung que combina un dispositivo portátil cunha aplicación
móbil que axudarán aos pacientes técnicas básicas de inspiración, tusido e
respiración profunda.
- GoBreath é unha solución para persoas que estean recuperarse de danos pulmonares