Samsung prepara un móbil con Android económico
venres, 14 de xaneiro do 2011
En febreiro
Barcelona vai acoller unha nova edición do Mobile World Congress, ocasión que
aproveitarán moitos fabricantes para presentar novos terminais entre os que
destacarán os móbiles con Android de nova xeración, aÃnda que outras compañÃas
tamén buscan atender a demanda existente de teléfonos de gama media, de aà que
agárdase a presentación do Samsung
Galaxy Mini (S5570) que virá con Android 2.2.1 coa interface TouchWiz UI e
funcionará cunha pantalla táctil cunha resolución de 320 x 240, Wi-Fi N,
Bluetooth 3.0, lector de tarxetas microSD e medirá 110,42 x 60,76 x 12,68
milÃmetros.
Dá a impresión de que teremos aquà a resposta de Samsung ao popular HTC
Wildfire, ou sexa, un móbil que poderá conseguirse de balde ao contratar unha
tarifa de datos móbil.