Samsung pon á venda un televisor flexible de ultra alta definición

xoves, 31 de xullo do 2014 Marcus Fernández

Para gozar dunha experiencia cinematográfica no fogar as pantallas curvas poden resultar moi inmersivas, pero isto non resulta óptimo en todas as situacións (por exemplo, cando hai moita xente ao redor vendo a televisión), de aí que dende Samsung propoñan un televisor 4K de 78 polgadas que pode curvarse automaticamente, para que podamos elixir como queremos gozar da súa excelente imaxe. Este revolucionario televisor porase á venda en Corea do Sur este mesmo venres a un prezo bastante prohibitivo: 35 millóns de wons (24.436 euros) e polo momento non se sabe cando chegará aos mercados internacionais.
Samsung xa amosara un prototipo do seu televisor OLED flexible na pasada edición do CES de Las Vegas, pero tal unidade era de 85 polgadas, polo que enténdese que decidiron comezar a comercialización desta tecnoloxía nun tamaño un pouco inferior, pero que máis adiante podería chegar noutros tamaños (non esquezamos que Samsung xa vende televisores de 105 polgadas).

<script type='text/javascript' src='http://pshared.5min.com/Scripts/PlayerSeed.js?sid=281&width=640&height=394&playList=518074703'></script>


O televisor flexible que Samsung amosou no CES, visto en vídeo

PUBLICIDADE