Samsung poderÃa deixar de lado as Gear VR
xoves, 8 de agosto do 2019
A
presentación do Galaxy Note10 non só constatou que poderiamos ante a erradicación
definitiva do conector de auriculares nos smartphones de alta gama (xa que
Samsung era o principal fabricante que conservaba o conector de 3,5 milÃmetros),
senón que tamén poderÃa indicar un grande cambio para a realidade virtual, xa
que o analista
Anshel Sag conseguiu que Samsung confirmase que o Note10 non é compatible con
Gear VR, o casco de realidade virtual que funciona inserindo un smartphone
no seu interior, ou sexa, que poderÃa ser o adeus a este tipo de produto, que dende
a aparición de solucións autónomas como Oculus Go ou Oculus Quest non parecen
ter oco no mercado.
Cómpre lembrar que as Gear VR son unha solución moi práctica para gozar de
experiencias de realidade virtual cunha grande calidade de imaxe (xa que as
pantallas dos smartphones de alta gama de Samsung tenden a estar equipados con
paneis Quad HD) e poden atoparse a prezos bastante reducidos (resulta
relativamente doado atopar unidades a menos de 100 euros), o que reduce a
barreira de entrada na realidade virtual.
No caso de Gear VR tamén é especialmente reseñable que a plataforma de software
está subministrada por Oculus, de xeito que conta con numeroso software e cunha
interface que resulta serve para introducise en todo un ecosistema que non
deixa de medrar.