Samsung lanza o primeiro monitor OLED a 500 Hz
luns, 12 de maio do 2025
Samsung Electronics vén de anunciar o lanzamento global do Odyssey OLED G6, o primeiro monitor OLED orientado a xogos cunha taxa de refresco de 500 Hz. O produto estrearase primeiro en Singapur, Tailandia, Vietnam e Malaisia, cunha distribución progresiva noutros mercados internacionais ao longo do ano.
O monitor Odyssey OLED G6 (modelo G60SF) conta cun panel de 27 polgadas, resolución Quad HD (2.560 x 1.440) e tecnoloxÃa QD-OLED, que combina cores vivas coa precisión dos negros puros. A súa taxa de refresco de 500 Hz e o tempo de resposta de 0,03 ms (gris a gris) proporcionan unha fluidez excepcional, ideal para xogos competitivos de alta intensidade.
Está certificado con VESA DisplayHDR True Black 500 e ofrece compatibilidade con NVIDIA G-SYNC e AMD FreeSync Premium Pro, garantindo unha experiencia sen trepidacións nin rupturas de imaxe.
Pensado para xogadores esixentes, o Odyssey OLED G6 ofrece un brillo máximo de 1.000 nits e integra a tecnoloxÃa Glare Free de Samsung, que minimiza os reflexos na pantalla. Ademais, incorpora OLED Safeguard+, un sistema que axuda a evitar o marcado permanente de imaxes, protexendo a calidade do panel mesmo en sesións prolongadas.