Samsung estrea en China un móbil Galaxy S II para redes GSM e CDMA2000

venres, 23 de decembro do 2011 Marcus Fernández

O novo móbil de Samsung pode funcionar con redes GSM e CDMA2000

Samsung soubo comercializar moitos modelos diferentes de móbiles Android de alta gama, para conseguir adaptarse ás distintas necesidades de mercado, e para poder operar con éxito en certos países teñen agora o Samsung Galaxy S II Duos (ou Samsung i929), que inclúe soporte para redes GSM e CDMA2000, de aí que comece á venderse en China e que empregue para a súa promoción a imaxe da tenis nacional Li Na.
O terminal funciona cun procesador de dobre núcleo a 1,2 GHz e sistema operativo Android 2.3, sendo un dos seus elementos máis representativos a súa pantalla Super AMOLED Plus de 4,52 polgadas. Tamén conta con 16 Gb de memoria interna, cámaras de 8 e 2 Mpíxeles, conectividade Wi-Fi e Bluetooth 3.0, GPS, radio FM, saída de vídeo, e batería de 1.800 mAh.
Polo momento descoñécese se este móbil distribuirase fóra do país, aínda que os usuarios que non se movan por países sen conectividade GSM preferirán claramente facerse cun Samsung Galaxy S II (que é máis delgado e lixeiro).

O Samsung Galaxy S2 Duos promociónase en China coa imaxe da tenista Li Na

PUBLICIDADE