Samsung corrixirá a semana que vén un fallo de seguridade dos seus lectores de pegadas en pantalla

venres, 18 de outubro do 2019 Marcus Fernández

Nos últimos días alertouse dun grave fallo de seguridade no recoñecemento de pegadas de varios smartphones de Samsung, concretamente os Galaxy Note10/10+ e S10/s10+/S10 5G, que contan con lector de pegadas ultrasónico baixo a pantalla e que con certos protectores de pantalla baratos facían que calquera pegada dixital fose recoñecida como auténtica.
Polo momento dende Samsung recomendan retirar os protectores de pantalla que causan este problema, borrar todas as pegadas rexistradas no móbil e volver rexistralas, á vez que aseguran que a vindeira semana lanzarán unha actualización para corrixir o problema co recoñecemento de pegadas.

PUBLICIDADE