Samsung comercializará unha cámara compacta ideal para as auto-fotos
mércores, 18 de xullo do 2012
Samsung
vai pór á
venda a finais de agosto a nova cámara compacta MV900F a un prezo de 349,99
dólares, que resulta especialmente atractiva por contar cunha pantalla
táctil AMOLED de 3,3 polgadas que pode xirarse 180 graos (facilitando a
realización de auto-fotos) e conectividade Wi-Fi (moi práctica para poder subir
contidos a Facebook, Picasa, Photobucket ou YouTube prescindindo de cables e
mesmo dun ordenador, asà como para comunicarse con dispositivos da liña SMART de Samsung para poder amosar os
seus contidos ao instante).
Esta cámara con sensor BSI CMOS de 16,3 MpÃxeles e unha lente brillante F2.5
pode conseguir imaxes de alta calidade incluso en contornos de pouca luz, para
o que entra nun modo no que dispara 3 imaxes consecutivas que mestura nunha
única evitando asà desenfoques e ruÃdo. A súa pantalla tamén é apta para o seu
uso en condición de moita luminosidades (como baixo a luz do sol).
A Samsung MV900F conta cun zoom óptico de 5x, filtros para crear instantáneas
cunha aparencia máis profesional e
incluso recoñece xestos efectuados coas mans para cando saquemos auto-fotos (con
movementos circulares podemos controlar o zoom, e con movementos verticais
activariamos o disparador).
- A cámara estará dispoñible en varias cores