Samsung comercializa en China un smartphone de alta gama con tapa
xoves, 3 de agosto do 2017
Nun
momento no que os smartphones que seguen as pautas de deseño impostas polo
iPhone sorprende que nalgúns mercado vellos formatos de deseño resÃstanse a
desaparecer, e asà en China está á venda un novo teléfono con tapa, o Samsung
SM-G9298ZKACHC ou Samsung Leader 8, que pese a parecer un produto doutro
tempo é un produto de alta gama bastante interesante.
O novo teléfono destaca por estar baseado en dúas pantallas Super AMOLED Full
HD de 4,2 polgadas (unha na parte exterior e outra na parte interior do
smartphone), funciona cun procesador Qualcomm Snapdragon 821, 4 GB de RAM, 64
GB de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas de memoria de até 256
GB), cámara frontal de 5 MpÃxeles con apertura f/1.9, cámara traseira de 12
MpÃxeles con apertura f/1.7 e gravación de vÃdeo 4K, Bluetooth 4.1, Wi-Fi AC,
NFC, lector de pegadas dixitais, baterÃa de 2.300 mAh con carga sen fÃos e,
como principal eiva do produto estarÃan o seu grosor (15,9 milÃmetros) e o seu
peso (235 gramos) o que parece inevitable ante un deseño que practicamente é
como levar dous smartphones unidos por unha bisagra. Como curiosidade, este
dispositivo é compatible con Samsung Pay, deixando claro que estamos ante un
produto dirixido a usuarios cun alto poder adquisitivo.