Samsung cesa o desenvolvemento de Linux on DeX

venres, 18 de outubro do 2019 Marcus Fernández

Poder gozar de aplicacións para Android coma se fosen de escritorio é unha das grandes vantaxes de Samsung DeX, pero nos últimos meses esta tecnoloxía foi un paso máis aló e tiña en probas Linux on DeX, que permitía a instalación dunha máquina virtual con Linux en dispositivos a partires do Samsung Galaxy S9, de xeito que os smartphones e tabletas de alta gama de Samsung podían converterse en sistemas aptos para o desenvolvemento de aplicacións, o que era un importante valor engadido para moitos usuarios, pero non dabondo para manter o seu desenvolvemento a longo prazo, de aí que Samsung anuncie que a finalización deste programa en probas, o que supón que Linux on DeX non funcionará nin en dispositivos futuros nin en Android 10.
Deste xeito, quen queira seguir a gozar de Linux on DeX deberá manter Android Pie no seu dispositivo, salientando dende Samsung que se actualizamos a Android 10 Beta non será posible de volver á versión anterior, polo que actualizar o sistema operativo é unha decisión que algúns terán que meditar.

PUBLICIDADE