Samsung anuncia memorias LPDDR5 de 8 Gb e 10 nm

martes, 17 de xullo do 2018 Marcus Fernández

Samsung anuncia hoxe que completou o desenvolvemento das primeiras memorias DRAM LPDDR5 de 8 gigabits en fabricación de 10 nanómetros, pensadas para as aplicacións móbiles do futuro, e que súmanse así ás memorias GDDR6 de 16 gigabits (en produción dende decembro) e ás DDR5 de 16 gigabits (desenvolvidas en febreiro), das que diferéncianse as novas memorias polo seu baixo consumo, ou sexa, pola súa orientación a dispositivos móbiles.
As novas memorias LPDDR5 de 8 gigabits conseguen velocidades de transferencia de 6.400 Mbps, fronte aos 4.266 Mbps das actuais memorias LPDDR4X. A velocidade indicada sería a correspondente a un funcionamento a 1,1 V, mentres que a 1,05 V reduciríase a 5.500 Mbps, facendo que este tipo de memorias sexa máis versátil. Tamén prometen unha redución de consumo de até o 30%, mentres que en espera chegaría a reducir o consumo á metade.

PUBLICIDADE