Samsung amosa os seus novos monitores USB

venres, 21 de setembro do 2007 Marcus Fernández

Samsung presentou os seus novos monitores CX940UX de 19 polgadas que destacan por conectarse ó ordenador a través de portos USB, de xeito que se converte na solución máis atractiva para engadir monitores adicionais a un ordenador portátil (xa que habitualmente non teñen espazo para engadir máis tarxetas gráficas).
Estas novas pantallas da familia Syncmaster poden agruparse en modo multimonitor, podéndose conectar ata 6 pantallas adicionais. Os monitores incluso integran 2 portos USB a xente de concentrador (prácticos para a conexión de periféricos coma ratos ou teclados).
Non se coñece o prezo destes revolucionarios monitores nin os seus detalles técnicos, pero está claro que supoñen toda unha revolución nun momento no que os equipos portátiles se venden mellor que os sobremesa.