Samsung Omnia M, o novo móbil con Windows Phone para Europa
venres, 11 de maio do 2012
Tras
sabermos do Samsung
Focus 2 no mercado norteamericano temos agora que para Europa o fabricante
surcoreano vai lanzar o Samung
Omnia M (GT-i8350), un novo terminal con Windows Phone 7.5 que goza dunha
pantalla Super AMOLED de 4 polgadas, procesador a 1 GHz, 384 Mb de RAM, 4 Gb de
almacenamento interno, cámaras de 5 MpÃxeles e VGA (para videochamadas), Wi-Fi
N, microUSB 2.0, Bluetooth 2.1, A-GPS, HSDPA de ata 7,2 Mbps, baterÃa de 1.500
mAh, un grosor de 10,5 milÃmetros e un peso de 119 gramos, ou sexa, que non destaca
polas súas caracterÃsticas técnicas, pero grazas aos servizos asociados pode
gañar moito atractivo, pois inclúe o servizo de comunicación social de Samsung
ChatON, pode compartir contidos multimedia con Samsung AllShare, pode acceder
ao Music Hub para reproducir música que se adapte aos nosos gustos e incluso
pode acceder aos 25 Gb de almacenamento de balde que ofrece na nube SkyDrive
para almacenar fotografÃas, vÃdeos e documentos.
- Especificacións técnicas do Samsung Omnia M