Samsung GALAXY S4 Active: un móbil de alta gama para aventureiros

mércores, 5 de xuño do 2013 Marcus Fernández

Pensando nos usuarios aventureiros máis esixentes Samsung presentou hoxe o novo GALAXY S4 Active, un potente smartphone que destaca por ser resistente ao po e á auga (IP67) de xeito que pode levarse á praia ou en rutas de sendeirismo sen temer pola súa integridade, pois incluso podería sobrevivir a unha submersión de media hora a 1 metro de profundidade (incluíndo tamén un conector de auriculares resistente a auga para poder utilizar auriculares en condicións extremas). Con este móbil podemos así tanto aventurarnos a facer rafting como a sacar fotografías subacuáticas na piscina á vez que gozamos dun completo smartphone cunha pantalla de 5 polgadas Full HD, un procesador de catro núcleos a 1,9 GHz e 2 Gb de RAM.
O Samsung GALAXY S4 Active tamén incorpora a tecnoloxía Glove Touch para permitir o seu uso con luvas, ten unha batería de 2.600 mAh para poder alimentar a súa potencia interior, conta cunha cámara traseira de 8 Mpíxeles que goza dun modo acuático para permitir disparar imaxes na auga con boa calidade e incluso pode transformar o seu flash LED nunha lanterna premendo durante varios segundos a tecla de volume do móbil, a súa cámara frontal é de 2 Mpíxeles, funciona con Android 4.2.2, ten conectividade Wi-Fi ac, NFC, USB 2.0, infravermellos e Bluetooth 4.0, LTE e 16 Gb de almacenamento interno (ampliables mediante tarxetas de memoria de ata 64 Gb), que ten só 9,1 milímetros de grosor e 151 gramos de peso.
Este atractivo móbil porase á venda no verán, inicialmente nos EE.UU. e Suecia, en tres cores distintas (gris, azul e laranxa.

JPEG - 107.7 KB
Especificacións técnicas do novo smartphone de Samsung

PUBLICIDADE