Samsung Display promete webcams ocultas na propia pantalla dos portátiles
xoves, 14 de xaneiro do 2021
A división de pantallas de Samsung publicou un vídeo promocional que
baixo o título de Samsung Blade Bezel amosan o que sería unha webcam baixo
a pantalla dun ordenador portátil, o que serviría para que a cámara non tivese
que ocupar parte do marco do equipo, permitindo así que a pantalla OLED sexa
máis delgada e lixeira, á vez que ocupa unha maior área.
Aínda que haberá que ver como é a calidade de imaxe deste tipo de webcam, o que
si pode ser unha grande vantaxe é o feito de que o usuario podería dirixir a
mirada á mesma mantendo os ollos sobre a pantalla, facilitando o contacto
visual durante as conversas en vídeo.
Actualmente xa hai smartphones con cámaras baixo a pantalla, pero a súa calidade
é bastante mala, polo que non parece que vaia ser unha tecnoloxía que vaia
imporse a curto prazo, precisando de bastantes meses para madurar, aínda que
será interesante ver como tamén chega ese concepto a ordenadores portátiles.